Vanse celebrar as eleccións sindicais, parte dos traballadores está en teletraballo, como se realiza a votación?

A lei prevé voto presencial ou voto por correo, aínda que existen pronunciamentos que permiten o voto de forma electrónica, sempre que se garanta que o voto sexa libre e segredo.

No caso de voto por correo, a lei regula ese tipo de votación. Por exemplo, con carácter previo, os electores deben comunicar á mesa electoral que votarán dese xeito.

Se tes máis dúbidas ao respecto, podes facer a túa consulta a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.