LIÑA 1:- CONSULTA RÁPIDA
- ATENCIÓN DIRECTA
- CONSULTA RÁPIDA
- ATENCIÓN DIRECTA
Dúbidas de empresas, persoas autónomas e emprendedoras que resolven, brevemente, persoas expertas
As persoas expertas temáticas atenden as túas consultas nos seguintes ámbitos:

XERAL
Relacionado co impacto do contexto actual, marcado pola inflación.
Exemplo de consulta
Gustaríanos que alguén nos dese unha visión externa da nosa empresa e ver de mellorar as nosas fortalezas e modificar as nosas debilidades.
O mercado cambiou moito nos últimos dous anos. Quero coñecer cal será a súa evolución, para afrontalo con garantías.
FINANCEIRO
Todo o relacionado coa situación económica da empresa.
Exemplo de consulta
Como solicito un crédito ICO?
A miña empresa ten un problema de facturación e necesita liquidez. Que tipo de financiamento podería buscar?
NEGOCIO
Todo o relacionado coa actividade de negocio da empresa.
Exemplo de consulta
En que epígrafe debo rexistrarme para vender produtos?
Que debo facer para solicitar o rexistro sanitario para repartir comida a domicilio?
OPERACIÓNS
Está relacionado coa prestación de productos e servizos en liña ou a produción da empresa.
Exemplo de consulta
Que ferramentas existen para comunicarme co meu equipo de traballo ou para reposición de documentación?
Que aspecto debo ter en conta para montar una plataforma web para vender os meus produtos?
PERSOAS
Todo o relacionado co cadro de persoal nas empresas.
Exemplo de consulta
Como se xestiona o periodo vacacional de persoas en ERTEs?
Que apoio podo ter para aumentar a produtividade do meu cadro de persoal?

EMPRENDEMENTO
Está centrado na posta en marcha dun novo negocio.
Exemplo de consulta
A que axudas podo optar para iniciar un negocio no rural?
Quero abrir un hotel. Cales son os pasos que debo seguir?

AXUDA AOS INVESTIMENTOS A PARTIR DE 500.000 EUROS
Todo o relacionado coa implantación de empresas en Galicia.
Exemplo de consulta
Podo instalar o meu negocio nalgún polígono industrial da provincia da Coruña?
Como se resolven as consultas?
Fai a túa consulta
(Teléfono / Formulario en liña)
O coordinador/a de ámbito ponse en contacto contigo
O coordinador/a ou unha persoa experta responde a túa consulta
Ao finalizar, podes implantar unha medida de acción inmediata