Podo ter varios provedores tecnolóxicos?

Cando comezamos a nosa búsqueda dun provedor tecnolóxico adoitamos recorrer a diversas fontes: búsqueda por internet, bases de datos de organismos públicos, feiras ou exposicións sectoriais, revistas especializadas, recomendacións persoais, …

A partir desa búsqueda poderemos seleccionar varios provedores, pero pode ser recomendable avaliar non só as necesidades actuais senón tamén as futuras e pensar na integración e complementariedade de tódalas solucións seleccionadas.

Se tes máis dúbidas ao respecto, podes facer a túa consulta a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.