ASESORAMENTO EN LIÑA

ÁMBITO FINANCEIRO

A situación actual xera un impacto económico de importantes consecuencias. Empresas, comercios e persoas autónomas e emprendedoras vense afectadas.

Neste contexto, é preciso actuar e adaptarse impulsar a actividade económica.

Como podemos axudarche?

MEDIDA 1
REPLANIFICACIÓN DE DÉBEDAS COMERCIAIS

  • Asesoramento financeiro a empresa con accións áxiles que xeren liquidez.
  • Desenvolvemento dunha ferramenta operativa de tesourería.
  • Negociación con provedores e acredores.
  • Asesoramento para converter as previsións de vendas e facturación en liquidez.

RESULTADOS ESPERADOS

  • Mellorar a liquidez e afrontar as débedas a curto prazo

MEDIDA 2
Planificación das obrigacións fiscais coa administración

  • Negociación coa AEAT e Facenda para a xestión de aprazamentos.
  • Asesoramento para ampliar a liquidez con accións coa Administración.
  • Formar en uso de ferramentas de control de tesourería fiscal.
  • Presentación de documentación, recursos e alegacións fronte á AEAT, Facenda e Seguridade Social

RESULTADOS ESPERADOS

  • Atender correctamente ós pagos a curto prazo fronte a Axencia Tributaria e librar á empresa dos seus embargos

MEDIDA 3
Busca de financiamento e negociación débedas financeiras e avais

  • Negociación en nome de pemes ou autónomos con bancos para contratar produtos de financiamento.
  • Negociación en nome de pemes ou autónomos con bancos para contratar produtos de financiamento.
  • Re-negociación de produtos financeiros da empresa para facer fronte aos pagos da mesma.
  • Negociación e obtención de garantías en representación de pemes ou autónomos ante entidades financeiras e obtención de produtos financeiros.
  • Negociación fronte a entidades de garantía recíproca para obtención de avais
  • Negociación con entidades financeiras intermedias alternativas (FINTECHs) para contratar produtos de financiamento

RESULTADOS ESPERADOS

  • Mellorar a situación financeira, obter maior crédito e máis liquidez

MEDIDA 4
Xestión de cobro e liquidez operacións comerciais

  • Asesoramento especializado para xerar recursos a partir das vendas previstas.
  • Apoio para negociación con clientes fronte a riscos de impago ou premora.
  • Mellora da política financeira comercial, equilibrando redibilidade, liquidez e risco
  • Mellorar o sistema interno de contro de débeda e planificación de cobros

RESULTADOS ESPERADOS

  • Obter liquidez con acordos comerciais e mellorar a xestión de riscos dos clientes

EXEMPLOS

  • A miña empresa non ten acceso a financiamento porque aparezo en rexistros de impagados. Non é correcto pero non sei como arranxalo nin co banco, nin con RAI, nin con empresas de riscos. Necesitaba asesoramento.
  • Son unha asociación empresarial, teño unha axuda europea concedida, pero fáltame financiamento. Necesitaba un estudo da liquidez ponte que preciso e acompañamento na negociación bancaria para conseguila.

Como é o asesoramento en liña?

Asesoramento individualizado en liña (Microsoft Teams)

Unha persoa consultora especializada asesórate

Seguimento posterior 

Implantación de medidas prácticas orientado a resultados

Formación e aprendizaxe

Gratuíto