En Galicia contigo,
seguimos adiante

Igape Responde reforza os seus servizos de asesoramento gratuíto para impulsar a actividade económica de pemes, persoas autónomas e emprendedoras.

O obxectivo é axudar ao tecido empresarial ante os novos retos que presenta o actual contexto económico.

Igape Responde é o programa de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar e formar a empresas, persoas autónomas e emprendedoras de Galicia

É UN PROGRAMA DE:

  • Resposta rápida
  • Atención personalizada
  • Consecución de resultados
  • Fomento da aprendizaxe

QUEN PODE PARTICIPAR?

Pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e emprendedoras, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, realicen unha actividade empresarial.

Deberán ter algún centro de traballo en Galicia.

A resposta da Xunta de Galicia articúlase en 2 liñas

Para apoiar empresas, persoas autónomas e emprendedoras

CONSULTA RÁPIDA

Soporte experto

Atención a consultas rápidas sobre dúbidas da xestión nas empresas.

  • Ata 3 horas cunha persoa experta

GRATUÍTO

ASESORAMENTO EN LIÑA

Medidas de acción inmediata

Información e formación nos ámbitos de xeral, financeiro, negocio, operacións, persoas, emprendemento e axudas ao investimento

  • 25 horas de asesoramento en 6 semanas, aproximadamente

GRATUÍTO

Recibe información actualizada!

    Resultados globais de Igape Responde

    De setembro 2020 a xuño 2021

    usuarios

    +1.200

    Usuarios atendidos

    user

    +1.700

    Solicitudes recibidas

    medidas

    340

    Medidas de acción inmediata implantadas

    recomendacion

    96%

    De recomendación