ASESORAMENTO EN LIÑA

ÁMBITO PERSOAS

O asesoramento no ámbito de persoas está orientado a apoiar a mellor xestión e capacitación dos equipos humanos das empresas.

É necesario traballar na motivación, no fortalecemento de competencias para o novo escenario e na planificación laboral.

Como podemos axudarche?

MEDIDA 1
Retención de equipos e motivación

  • Apoio na definición, deseño e implantación de xestión por obxectivos
  • Desenrolo do Employer Branding. Construir unha cultura do benestar organizacional
  • Estudo do clima laboral. Enquisa de clima
  • Deseño de plan de retención específico, o salario emocional e flexible
  • Formación en habilidades brandas (liderato eficiente e eficaz, comunicación asertiva…) Desenvolvemento persoal e coaching

RESULTADOS ESPERADOS

  • Mellora a motivación, cohesión e compromiso do equipo.

MEDIDA 2
Fortalecemento de competencias para un novo escenario

  • Xestión e fortalecemento da marca persoal
  • Apoio na organización de actividades de formación interna
  • Adaptación da organización funcional á nova estratexia de negocio. Redefinición de organigrama
  • Definición e posta en marcha de órganos de goberno (comité de dirección, comercial…)
  • Definición dun cadro de mando do persoal para monitorizar o negocio e a estratexia da empresa

RESULTADOS ESPERADOS

  • Mellora as capacidades do e equipo e a organización da empresa.

MEDIDA 3
Planificación laboral

  • Asesoramento laboral para axustar o cadro de persoal ás necesidades da empresa
  • Asesoramento lpara cumprimento da normativa e requisitos legais
  • Revisión de procedementos internos para mellorar a eficiencia da organización
  • Proposta de ferramentas de xestión do persoal

RESULTADOS ESPERADOS

  • Manter ou mellorar a eficiencia da organización.

EXEMPLOS

  • Liderar equipos non presenciais
  • Mellora do clima laboral
  • Reorganización de postos de traballo adaptados á nova realidade; perfís de postos, funcións, tarefas, novo organigrama. Apoio na comunicación e estratexia.

Como é o asesoramento en liña?

Asesoramento individualizado en liña (Microsoft Teams)

Unha persoa consultora especializada asesórate 

Seguimento posterior 

Implantación de medidas prácticas orientado a resultados

Formación e aprendizaxe

Gratuíto