2020, ano de retos
A emerxencia sanitaria provocada pola covid-19 creou un novo escenario para empresas e persoas autónomas; xurdiron novas necesidades e acentuaronse outras. Neste contexto, a Xunta tivo un obxectivo prioritario “que autónomos, comercios e pemes seguisen funcionando”.


Francisco Conde
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación
Dar unha resposta rápida:
a nosa prioridade
Igape Responde, un programa totalmente novo, naceu para dar resposta á situación insólita provocada pola pandemia. Neste sentido, dende a Xunta temos claro que a recuperación debe vir do traballo en equipo, do esforzo e do compromiso colectivo de todos os axentes sociais e económicos.
En Galicia contigo, seguimos adiante
Igape Responde é o programa de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar, acompañar e formar a persoas autónomas, emprendedoras comercios e empresas
RESULTADOS GLOBAIS
DO PROGRAMA IGAPE RESPONDE
Setembro 2020 – Xuño 2021
Tipoloxía de usuarios (%)
Provincia (%)
Nº de traballadores (%)

+1.700
solicitudes recibidas
15%
dos usuarios volveron a facer unha nova solicitude
Solicitudes por ámbitos (%)
Retención de equipos e motivación
Fortalecemento do novo modelo organizativo
Promoción online
Replanificación de débedas comerciais
Financiación bancaria e xestión de avais
Adaptación da oferta comercial
Reorientación do negocio
Planificación laboral
Planificación de obrigacións fiscais
Reorganización operativa
Medidas xerais
Xestion de cobro e liquidez de operacións comerciais
Prestación de servizo en liña

102
consultores/as e persoas expertas atenderon o programa

96%
de recomendación

4,47
sobre 5 de satisfacción
RESULTADOS POR ÁMBITO
Ámbito xeral

260 Solicitudes
262 h de soporte experto
14 Medidas implantadas
Analizamos o impacto que a covid-19 xerou nos negocios. Deste xeito, obtiveron unha radiografía da súa situación e puxemos en marcha as medidas necesarias.
Ámbito financeiro
224 Solicitudes
510 h de soporte experto
98 Medidas implantadas
Accións para xerar liquidez, posibilidade de planificar as obrigas fiscais, busca de financiamento e avais así como unha medida encamiñada á xestión de cobro e liquidez de accións comerciais.
Ámbito negocio

190 Solicitudes
877 h de soporte experto
109 Medidas implantadas
Axudamos a mellorar a promoción en liña a través da elaboración de contidos dixitais, do deseño e lanzamento de campañas con condicións comerciais novas ou coa incorporación de produtos a plataformas e-commerce.
Ámbito operacións
98 Solicitudes
272 h de soporte experto
16 Medidas implantadas
Implantación do teletraballo, dixitalización dos procesos e actuacións encamiñadas a manter ó servizo aos clientes no novo contexto.
Ámbito persoas
454 Solicitudes
1.683 h de soporte experto
103 Medidas implantadas
Mellorar a motivación do cadro de persoal, resolución dúbidas sobre os ERTEs e fortalecer as competencias dos equipos para o novo escenario.
Para mellorar a capacitación dos equipos humanos
é mellorar a competitividade da empresa galega

326
artigos e FAQ’s
+ 64.200
visitas a páxinas

56
Webinarios prácticos
+ 6.000
persoas inscritas

36
Píldoras informativas
+11.500
visualizacións de vídeos

10
Podcasts
+ 200
escoitas
Maximizamos a difusión para apoiar
a todo negocio que o necesitase
Para dar a coñecer o programa Igape Responde articulouse unha estratexia de comunicación a través de diferentes canles e accións: mailings, chamadas, comunicación a medios, publicidade dixital, difusión a través de redes sociais e o envío dun boletín semanal.
Ademais dos resultados alcanzados o programa obtivo o seguinte impacto:
+ 13.400
Persoas alcanzadas
+ 5.900
Seguidores nas redes sociais (incremento dun 27’6%)
+ 6.400
Subscritores