Unha empresa pode acceder á liña de avais do ICO nun procedemento concursal?

No Acordo do Consello de Ministros do 24 de marzo de 2020, no seu Anexo I, dentro dos préstamos  elexibles establece como condición que “Os acreditados non estean suxeitos a un procedemento concursal a data do 17 de marzo de 2020, ben por presentar solicitude de declaración de concurso, ou por darse as circunstancias a que se refire o artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, Concursal, para que o concurso sexa solicitado polos seus acredores”.

En base ao anterior, entendemos que se a empresa está nun procedemento concursal, non cumpre os requisitos previstos na citada normativa para acceder a estas liñas de financiamento.

Categorías: Coñecemento.