Os organigramas con persoal formado, deben ser máis planos ou xerárquicos?

Depende da estrutura e do modelo de empresa que queres levar adiante. Fágase dun ou doutro xeito, é moi importante ter ben definidas as tarefas. Se isto non sei fai, pode haber confusións e dar lugar a un baleiro de poder.

Sexa un organigrama máis piramidal ou máis plano, é importante saber as tarefas de cada un e tamén como se produce  a unión entre un departamento e outro; por iso as reunións son determinantes.

Se necesitas asesoramento neste ámbito, solicita, sen custe a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.