Un traballador meu estivo en contacto cun positivo en covid-19. Como debo actuar?

Neste caso, é preciso realizar unha investigación dos “contactos estreitos” no ámbito laboral.

Esta investigación realízase a través do servizo de prevención de riscos laborais. Recollerase información sobre lugares e persoas coas que traballou, os lugares e os tempos.

Clasifícanse como contacto estreito:

  • A persoa que proporcionara coidados a un caso: persoal sanitario ou sociosanitario que non empregara as medidas de protección axeitadas, familiares ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico.
  • Aquela persoa que estivera no mesmo lugar que un caso, a unha distancia inferior a 2 metros e durante máis de 15 minutos.
  • Considérase contacto estreito nun avión, tren ou outro medio de transporte de longo percorrido e sempre que sexa posible, o acceso á identificación dos viaxeiros, a unha persoa situada nun radio de dous asentos e á tripulación ou persoal equivalente que tivera contacto con ese caso.

Unha vez identificados os “contactos estreitos”, estes traballadores deben ser postos en corentena domiciliaria 10 días. Para iso, o seu servizo de prevención emitirá o correspondente informe para que estes traballadores o presenten ao médico de Atención Primaria, que tramitará a correspondente baixa por IT; esta baixa por IT a efectos unicamente de prestacións ten a consideración de accidente de traballo.

Recoméndase a realización da PCR, aos “contactos estreitos” para detectar precozmente novos casos positivos. Será saúde pública a encargada de realizar esta proba.

Salvo que saúde pública, determine outra cousa, o resto dos traballadores que non foron declarados como “contactos estreitos” poderán continuar coa súa actividade habitual.

Categorías: Coñecemento.