Teño un local aberto ao público, cales son as medidas de hixiene, prevención e control esixibles?

As medidas comúns esixibles aos locais e establecementos con apertura ao público son as seguintes:

 

LIMPEZA

  • Realización, polo menos unha vez ao día, dunha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis habitual e revisando frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos.
  • Limpeza e desinfección frecuente de calquera tipo de dispositivo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outro mobiliario ou superficie de contacto que empreguen distintos usuarios.
  • Os probadores, no caso dos establecementos do sector textil, de arranxos de roupa e similares, deberaos utilizar unha única persoa e deberá procederse a unha limpeza e desinfección frecuente destes espazos. No caso de que un cliente probe unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas para que a peza sexa hixienizada antes de que sexa facilitada a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas que realicen os clientes.
  • No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.
  • Non se poderán pór á disposición do público produtos de uso e proba que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes ou usuarios, sen supervisión de xeito permanente dun traballador que poida proceder á súa desinfección tras a manipulación do produto por cada cliente ou usuario.

 

 

SEGURIDADE

  • Durante todo o proceso de atención ao usuario ou consumidor deberá manter distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros co vendedor ou provedor de servizos durante todo o proceso de atención ao usuario. Esta distancia poderá ser de 1 metro cando se conte con elementos de protección ou barreira. No caso de servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, deberase utilizar o equipamento de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección tanto do traballador como do cliente.
  • Sinalización clara da distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou usuarios, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría ou outro tipo de sinais. Poderanse establecer no local itinerarios para dirixir a circulación de clientes ou usuarios para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto entre clientes.
  • Posta á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, en lugares accesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada do local ou establecemento, asegurando que sempre estean en condicións de uso.
  • Información exposta ao público da capacidade máxima do establecemento, que deberá incluír aos propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

 

OUTRAS MEDIDAS:

o   Promoción o uso da tarxeta como medio de pago ou calquera outro que non supoña contacto físico entre dispositivos.

o   Posta a disposición dos usuarios de papeleiras para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día.

  • Redución do tempo de permanencia dos clientes e usuarios nos establecementos e locais ao estritamente necesario para poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.

 

Categorías: Coñecemento.