Que lle importa aos consumidores? Cales son os cambios no modo e motivos polos que compraremos?

A pandemia cambiou as prioridades da xente tanto a nivel individual coma colectivo. E xa existen evidencias nun cambio nos hábitos do consumo e nas expectativas dos consumidores. As empresas que saiban escoitar aos seus clientes ofrecendo servizos e produtos centrados nas preocupacións da nova normalidade, verán recompensadas as súas vendas.

O consumidor post-covid é o máis imprevisíbel dos últimos tempos. E neste sentido é clave anticiparse á incerteza e medo destes. Os cambios estanse a acelerar. Sabes quen é a túa audiencia? Onde está? A que desafíos e decisións se enfronta? Que é o que máis precisa neste contexto? Unha boa busca comeza cun bo pensamento.

 

Que está pasando? Factores de compra na nova realidade: boa calidade/prezo e preocupación pola saúde

Moitas das decisións de compras en diferentes categorías estanse a pospoñer. Os consumidores teñen cautela cos gastos non esenciais. E están a valorar, a calidade, bo servizo e prezos máis asumibles xunto con outras vantaxes que ofrezan as marcas. E priorizando, a saúde propia e a da súa familia e o benestar como a nova preocupación diaria.

 

Máis dixital, así é a nova experiencia de consumidores e marcas

Os datos de Nielsen recollen que ata un 62% dos consumidores españois aumentou as súas compras por internet durante o confinamento. Esta tendencia dun consumidor que busca mercar dende casa chegou para quedarse, e neste sentido é preciso que os negocios axilicen os seus procesos para poder vender en liña. Tamén o consumidor espera unha atención en tempo real sobre os cambios ou retrasos dun pedido e desexa opcións de compra, recollida, reparto ou check-in móvil/checkout-free ou sen contacto.

 

O teletraballo aumentou, e segundo as tendencias formará parte do futuro, co que teremos un consumidor cun novo estilo de vida, que cada vez emprega menos tempo na tenda e busca facilidade na compra. Polo que o control de stocks ou a reinvención da tenda física convértense nunha labor clave para as empresas.

 

Todos estamos conectados. É preciso ser máis proactivo ca nunca

Segundo datos da última investigación de Hootsuite, compartidos por Romina González, Regional Manager de Hootsuite, “o 62% das empresas creen cas redes sociais axudaron a minimizar a interrupción de negocio durante o confinamento. E o momento polo tanto para ter unha presencia 100% nas canles sociais”.

 

Que esperan os consumidores do futuro?

A seguridade converteuse nunha prioridade, polo que xerar confianza e ser transparentes, é máis relevante ca nunca e determinará os bos resultados a medio prazo. A escala de valores dos consumidores tamén está a cambiar, e segundo os datos da investigación de Ipsos o 86% dos españoles consideran que debemos vivir nun mundo máis sostible e igualitario.

 

Cales son as claves para conectar ou reconquistar ao cliente?

Máis de 4000 mensaxes publicitarias nos impactan diariamente en diferentes plataformas, dispositivos e canais. Nesta batalla pola atención, a creatividade elévase como a habilidade máis buscada no post-covid. Algunhas boas pautas son as seguintes:

 

  • Sé fiel aos teus valores
  • Empatiza e conecta a través da experiencia co teu cliente
  • Eleva a importancia do SEO
  • Analiza estatísticas da audiencia e as tendencias
  • Datos, creatividade e contidos son os teus principais motores
  • Atopa as novas oportunidades, sé flexible, adáptate ás demandas e actúa en tempo real

 

Para rematar, aquí tes algúns tres estudos de interese para afondar sobre os cambios no consumidor post-covid:

  • Consumidores e nova realidade: primer sondeo de KPMG.

https://assets.kpmg/content/dam/kpmg/es/pdf/2020/07/consumidores-nueva-realidad.pdf

  • O consumidor conectado 2020: estudio global de Selligent.

https://www.selligent.com/sites/default/files/media/white-paper-connected-consumer-index-2020-es.pdf

  • Informe do Observatorio do Retail en España de Salesforce. Descobre as principiais aportacións da Asociación Española do Retail e dun conxunto de executivos que lideran a industria.

https://c1.sfdcstatic.com/content/dam/web/es_es/www/pdf/salesforce-informe-retail.pdf

 

 

Categorías: Artigos.