Se estou nun ERTE, podo traballar noutra empresa?

Si, os traballadores en ERTE poden traballar noutra  empresa por conta allea.  Haberá que facer a correspondente comunicación ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para que o teña  en conta a efectos da prestación.

Se o traballo é a xornada completa, deixaría de percibir  a prestación. Si é a tempo parcial,  reduciría de xeito proporcional a xornada.

Se tes máis dúbidas ao respecto, podes solicitar o asesoramento gratuíto do Igape Responde.

 

Categorías: Coñecemento.