Que claves de liderado intelixente nos deixa a crise do coronavirus?

Aínda que o ser humano está afeito a vivir en contextos incertos, a chegada da covid-19 ás nosas vidas está sendo un furacán de cambios. Non só é unha crise sanitaria, senón tamén unha crise económica, social e laboral.

Estamos vivindo situacións complexas, ambiguas, volátiles e cargadas de incerteza; o que obriga aos líderes a reinventarse, adaptarse e desenvolver novas habilidades. Agora, mais que nunca, o que moitas organizacións demandan é un liderado intelixente. Un liderado no que equilibramos a xestión coa cabeza e o liderado có corazón… Lidera con alma!

Compartimos con vós 3 claves que nos deixa a crise do coronavirus e que son fundamentais para marcar a diferenza como líderes.

 

  1. Acepta a realidade e toma as decisión rápidas explicando o “para que”

Ninguén podía imaxinar unha pandemia mundial, nin que nos confinaran nas nosas casas durante tantas semanas, pero dun día para outro, o goberno tivo que aceptar esta situación e tomar decisións duras para frear os contaxios e explicar a toda España o motivo, o “para que” tiñamos que pechar empresas, anular eventos e quedar na casa.

Cada un de nós tivo que aceptar a dura realidade de quedarse na casa e tomar decisión rápidas para organizarse co seu traballo e coa súa familia, agudizar o enseño para coidar e divertir os nenos, facer deporte, distraerse e sacar adiante o teletraballo.

No mundo empresarial ocorre o mesmo, hai cousas que non nos gustan, momentos difíciles que pasan as empresas, presións….e un líder intelixente o primeiro que ten que facer e aceptar a realidade, por moi dura que sexa rapidamente, tomar decisións que moitas veces son moi difíciles, con recursos limitados e con información insuficiente pero aínda así, hai que facelo rápido, en contextos de incerteza e sendo moi flexibles para poder cambiar e moldearse segundo as circunstancias.

E se algo ten que ter moi presente un líder é a comunicación co seu equipo, xa que ten que trasladar esas decisións de forma clara e sobre todo cun “para que”, é dicir, cun propósito para que todos estean alineados, as entendan e as apoien poñendose en acción enfocados na solución.

 

  1. Coraxe e Adaptación o cambio

 Ser valente non consiste en non ter medo, senón en actuar a pesar do medo. A diario vemos como o persoal sanitario está traballando e salvando vidas arriscando a súa saúde con medios, moitas veces insuficientes e moita sobrecarga. Con todo, saen da casa coa súa mellor actitude para dar o 100%.

O mesmo necesita un líder con alma, poñer o foco no que pode facer coas ferramentas e os medios que ten ao seu alcance. Hoxe máis que nunca nas empresas fai falta coraxe e poder adaptarse rápidamente a traballar en contextos de incerteza e cambio como o que vivimos e, sobre todo, ser persoas que cada día se levanten con actitude para dar a súa mellor versión.

Para iso é fundamental que un líder traballe no seu desenvolvemento persoal e profesional para ver oportunidades e non problemas, para ver retos e non obstáculos, e para ter o seu nivel de enerxía e a sua motivación en niveis altos para inspirar os seus equipos.

  1. A forza do equipo

O reflexo disto,  vivímolo constantemente neste último ano, no momento do confinamento con todas as mostras de cariño desde os balcóns, aplausos, carteis, cancións…..mostras de solidaridade a través das redes sociais, unión entre os comerciantes, axudas dos organismos públicos… Neste momento dámonos conta que a unión de todos danos forza e ánimos para conseguir un obxetivo común, derrotar ao virus.

O mesmo necesita un líder con alma, ser capaz de construir un equipo unido, de ter persoas motivadas, implicadas e remando xuntas, un equipo que se apoie nos malos momentos e gocen traballando unidos e loitando día a día por un obxetivo común.

Cando isto sucede, podemos dicir que se traballa dende un lidedado Intelixente, cun enfoque 360 e poñendo en valor o máximo activo que teñen as empresas, que son as persoas.

Necesitas asesoramento sen custe neste ámbito? podes facer a túa solicitude a través do Igape Responde.

 

Categorías: Artigos.