Que plataformas están dispoñibles para realizar e-mail marketing?

Existen moitas ferramentas gratuítas de email márketing que inclúen xa solucións tanto de CRM como de automatización do márketing. Ademais de Mailchimp, que evolucionou moito nestes últimos anos incorporando funcións de automatización, CRM e tamén de publicidade, contamos con ferramentas como Hubspot ou Active Campaign ao alcance de calquera empresa que queira incorporar accións automáticas e de xestión de leads na súa estratexia de márketing. Destacar a opción de seguimento do proceso de vendas que ofrece Hubspot na súa versión gratuíta.
Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.
Categorías: Coñecemento.