Estou afectado por un ERTE. Teño que render contas con Facenda?

Si. As persoas traballadoras por conta allea que estivesen afectadas por un ERTE en 2020 deberán declarar as prestacións recibidas porque se consideran rendementos de traballo e as retencións aplicadas polo Estado foron moi baixas. Na mesma situación atópanse os autónomos que recibiron axudas ao solicitar o cesamento de actividade do seu negocio.

Se necesitas asesoramento, sen custe, para o teu negocio neste aspecto, só tes que solicitalo a través do formulario do Igape Responde.

Categorías: Coñecemento.