Que é máis recomendable, ter web ou perfís en redes sociais?

É algo que depende moito do teu público e do teu sector.

A día de hoxe, as redes sociais son case de obrigado cumprimento, polo menos, contar cun perfil nunha delas: Instagram se os teus produtos son moi vistosos, Tik Tok se tes público xuvenil…

No caso das páxinas webs, o principal problema é a falta de actualización de contidos. Se iso non se fai,  a túa web  non vai aparecer nos buscadores. Para poder asesorarte e saber que rede social se adapta mellor a ti, podes cubrir o formulario do Igape Responde e así terás unha análise detallada do teu negocio. É gratuíto.

Categorías: Coñecemento.