O Programa Viable: realizar cálculos financeiros do meu potencial negocio

Aspectos económicos do emprendemento: o programa Viable

O plan económico-financeiro dun proxecto é un documento imprescindible que permite analizar a viabilidade do negocio e o seu potencial económico.

O obxectivo principal deste plan é crear unha visión a medio-longo prazo; concretamente entre 1 e 5 anos, que axude a establecer uns obxectivos para o noso negocio cos que poidemos conseguir que a nosa empresa logre un éxito maior.

Entón, que necesito saber para facer o meu plan financeiro-económico?

Balance inicial: o balance económico está constituído polo activo, que inclúe os bens e dereitos que son propiedade da organización; o pasivo, que engloba o conxunto de débedas e obrigacións económicas ás que ten que atender a empresa, e o patrimonio neto, que fai referencia aos fondos propios para financiar a súa actividade.

Plan de investimentos: neste apartado inclúese o investimento necesario para comezar un proxecto, en caso de que sexa un novo, e o gasto que se prevé nos anos que se estime no plan. Aquí incluiríanse aspectos como as aplicacións informáticas, terreos, oficinas, maquinaria, etc…

Financiamento a longo prazo:  é unha estimación dos ingresos e os gastos que o negocio deberá afrontar en actividades a longo prazo, como mínimo a un ano vista.

Previsión de vendas: non só inclúe o que se prevé vender, senón os custos, o prezo unitario, a variación do prezo e a cantidade.

Previsión de tesouraría: recolle os prazos de pago a provedores e cobro a clientes periodicamente. O tempo depende da actividade, aínda que na maioría dos negocias se realizará mensualmente.

Resultados: este punto fai referencia ás necesidades de tesouraría, as saídas e entradas de fondos baseándose nas operacións da empresa. É importante xa que permite coñecer, en calquera momento o cash flow xerado,  é dicir, a liquidez do negocio.

Balances provisionais:  aínda que sexa de maneira provisional, debemos estimar os beneficios ou perdas que vamos obter para poder analizar a viabilidade do noso negocio.

Punto de equilibrio: este aspecto é especialmente necesario para pequenos negocios, xa que nos mostra cando os ingresos obtidos das nosas ventas igualará o custo de producilas, e polo tanto, marcará cando comezaremos a xerar beneficios para o noso negocio.

Aínda que todo isto poida parecer asfixiante nun primeiro momento, grazas ao programa Viable de Igape Responde, poderás ter facilmente baixo control todas as necesidades da xestión financeira da túa empresa.

Se necesitas o programa para traballar a parte financeira do teu negocio, podes descargar, de forma gratuíta, o programa Viable dende as seguintes ligazóns:

 

 

Se necesitas asesoramento, sen custe neste aspecto, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Artigos.