Que é a Marca persoal?

É a actitude, o compromiso e a responsabilidade da persoa coa pegada que deixa nos demais. É a pegada que se deixa nos demais e a arte de investir nun mesmo.

Non hai marcas persoais que sexan perfectas, como tampouco hai persoas, grupos ou organizacións perfectos. O que si tes que ter claro é que si é posible mellorar a marca, de forma que se incremente o teu impacto e resultados. A clave é ser unha Marca Persoal humana, coherente, auténtica, crible, accesible e confiable.

Se buscas asesoramento gratuíto neste aspecto, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

 

 

 

Categorías: Coñecemento.