O fondo de manobra é un instrumento que permite valorar a liquidez a curto prazo da túa empresa.
Calcúlase restando o Activo Corrente (bens e dereitos a liquidar no curto prazo, como existencias ou pagarés a menos dun ano) menos o Pasivo Corrente (débedas a curto prazo, como con provedores ou entidades bancarias con vencemento en menos dun ano); o cal permite coñecer a marxe de que se dispón para facer fronte a esas obrigacións no curto prazo.
Tes máis dúbidas ao respecto? podes preguntarnos a través do formulario do Igape Responde.