Ata o 28 de febreiro poden solicitarse as axudas de impulso á economía circular

A Xunta ten en marcha unha nova convocatoria da liña de axudas para promover a economía circular no tecido produtivo, co obxectivo de mellorar a competitividade das pemes e dos autónomos impulsando novos procesos e un consumo máis eficientes.

O prazo de presentación para esta liña de axudas está aberto ata o próximo 28 de febreiro ás 14 horas.

Os beneficiarios poderían recibir ata o 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e o 25 % para as medianas, cun límite máximo subvencionable de 200.000 euros nos proxectos colectivos e de 75.000 euros nos individuais.

Pódense solicitar anticipos de ata o 50 % do importe dos apoios, centrados, entre outros, na instalación de sistemas de medición de parámetros produtivos e ambientais; de hardware e software intelixente para a optimización dos recursos; ou na adquisición de nova maquinaria para reutilización ou reciclaxe de residuos.

Podes consultar os detalles, no Diario Oficial de Galicia. 

Atopas máis información no evento virtual do Igape Responde Xestión de envases e impulso da economía circular. Como afecta a nova lexislación e axudas.

Tamén na páxina web do Igape.

Categorías: Artigos.