Cal é a diferenza entre envase industrial e comercial?

O envase comercial é aquel que, sen ter a consideración de doméstico, está destinado ao uso e consumo propio do exercizo da actividade comercial, ao por maior e tamén ao por menor, dos servizos de restauración e bares, das oficinas e dos mercados, así como do resto de servizos.

Por outra parte, o envase industrial está destinado ao uso e consumo propio do exercizo da actividade económica das industrias, explotacións agrícolas, gandeiras, forestais ou acuícolas, coa exclusión dos envases que teñan a consideración de comerciais e domésticos.

 

Categorías: Coñecemento.