Que acontece coa exoneración de cotas dos traballadores en ERTE en caso de incumprir o requisito de mantemento de emprego?

Ante a ambiguedade da normativa, en concreto respecto ao artigo 5 da disposición adicional sexta do real Decreto Lei 8-2020, una nota informativa da inspección de Traballo e Seguridade Social do 6 de decembro de 2020 determina que:

… no caso de incumprir o requisito de mantemento de emprego dalgún dos traballadores que estiveron en ERTE, as cantidades a reintegrar serán as correspondentes ás exoneracións  de cotas do total dos traballadores, á marxe do número de traballadores despedidos. Dase deste xeito a interpretación máis gravosa para a empresa.

Trátase dun criterio da Inspección de Traballo e Seguridade Social, en caso de conflicto, serán os tribunais os que teñan a última palabra.

Categorías: Coñecemento.