Estás preparado? No 2021 veremos máis negocios dixitais

A pandemia mudou moito a nosa vida e tamén a dos negocios. O 2020 puxo a proba a capacidade das empresas de adaptarse rápidamente e afrontar esta nova situación. A dixitalización dos negocios será unha das claves fundamentais do vindeiro ano, xunto con outros temas de máximo interese como a sustentabilidade.

Internet converteuse na vía para seguir desenvolvendo a actividade dos negocios, especialmente para comercios e pequenas empresas. E 2021 preséntase como o momento para incorporar as vantaxes e as oportunidades da tecnoloxía e garantir a continuidade ou optimizar procesos.

É polo tanto, o momento de sumarse á dixitalización dos negocios. A forma de incorporar a tecnoloxía aos negocios é moi ampla, dende o comercio en liña, social selling, teletraballo á incorporación de procesos dixitais a través de ferramentas como un CRM ou a propia dixitalización do modelo de negocio.

 

3, 2, 1 acción!

O abano de posibilidades é tal que convén priorizar en base aos teus obxectivos. Nos propoñémosche 3 metas a perseguir e accións dixitais polas que comezar.

  • Fai cambios no teu modelo de negocio para facelo máis dixital.

Debes estar o máis cerca posible do teu cliente. Os negocios coas súas plataformas online pasan a ser esenciais para conectar e fidelizar clientes. As ferramentas dixitais posibilitan o desenvolvemento de estratexias de fidelización e retención de clientes, conseguindo un verdadeiro marketing non só que vende, senón que consegue que os usuarios che volvan a comprar. Vimos como restaurantes cambiaron para chegar aos clientes, como as empresas comezan a mellorar a súa web e a súa atención dixital, incluso esta semana Zara incorporaba a posibilidade de enviar un vídeo na compra dun agasallo para enviar á persona que o reciba. As marcas están a incorporar a través da tecnoloxía no seus procesos productivos ou comerciais melloras que conseguen atender aos clientes e estar máis cerca deles.

  • Comeza a incorporar automatización nas túas accións de marketing dixital

Identifica cal é o teu embudo de ventas e os puntos de contacto do usuario na súa viaxe coa marca (customer journey). De xeito que poidas automatizar o maior número de interaccións a través de mail marketing e outras accións coma o retargeting (publicidade que volve a impactar a un usuario que xa interactuou coa marca). É precisamente a automatización de procesos de marketing o que permite optimizar e escalar o modelo de negocio para conseguir facelo máis predecible e conseguir ventas.

Neste proceso, coñecer as principais métricas e datos relevantes das interaccións será fundamental para axustar a estratexia de marketing dixital.

  • Implementa alguna ferramenta ou tecnoloxía que posibilite mellorar nalgunha das áreas claves do teu negocio.

Traballar na nube a través dun modelo colaborativo de equipos, dixitalizar a xestión de clientes, un cadro de mando dixital, metodoloxías cero papel, ciberseguridade ou incorporación de intelixencia artificial, realidade virtual ou o big data. As tecnoloxías están a cambiar os negocios e ademais de coñecelas no vindeiro ano debes incorporar o seu potencial na túa empresa.

 

Igape Responde ofrece asesoramento gratuíto para dar o salto a dixitalización dos negocios

Dende Igape Responde, poñemos á túa disposición un grupo de expertos no ámbito de operacións e negocio para adaptar a túa empresa a este nova situación implementando medidas que permitan á túa empresa avanzar na dixitalización implementando ferramentas ou mudando o modelo de negocio. Cubre a solicitude en liña para acceder ao asesoramento gratuíto do ámbito negocio ou operacións do programa Igape Responde. Fai clic aquí!.

Categorías: Artigos.