Por que difire a liquidez, froito da miña actividade, do beneficio neto da conta de resultados?

A liquidez obtida tralo desenvolvemento da actividade, froito da venda de produtos e gastos referidos á explotación, pode diferir do Beneficio rexistrado na Conta de Resultados.

Por que? Isto debese a que os ingresos e os gastos non coinciden no tempo coas cobranzas e pagos efectuados, neste contexto é de vital importancia facer efectivo canto antes os nosos dereitos de cobranza respecto a os ingresos contabilizados.

Se tes algunha dúbida ao respecto, podes consultarnos a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.