A capitalización da prestación de desemprego, como empregala para emprender?

Se estás pensando en emprender e iniciar un traballo por conta propia, podes ser beneficiario do pago único da prestación de desemprego para os inicios da túa actividade.

Trátase dunha medida para fomentar e facilitar iniciativas de emprego autónomo entre persoas que estean a percibir a prestación por desemprego de nivel contributivo, abonando o valor actual do importe da prestación que reste por percibir.

Entre outros aspectos, debes ter en conta que para solicitalo tes que:

  • Estar desempregado e ser beneficiario dunha prestación, tendo pendente de recibir no momento da solicitude polo menos 3 mensualidades.
  • Non solicitar o pago único nos 4 anos anteriores.
  • Iniciar a nova a actividade en menos de un mes dende a resolución e cobro do pago único.

Podes atopar mais información na seguinte ligazón: https://www.sepe.es/HomeSepe/gl/autonomos/prestaciones-para-emprendedores-y-autonomos/capitaliza-tu-prestacion.html

E se tes algunha dúbida, podes contactar con nós a través do formulario. 

Categorías: Coñecemento.