Podo pechar a miña empresa despois de ter aos traballadores en erte?

Neste caso debemos remitirnos ao RD18/2020, á súa disposición adicional sexta Salvagarda do emprego, onde nos indica que a empresa debe manter o emprego durante o prazo de seis meses dende a data de reanudación da actividade.

Tamén  nos indica que o compromiso se entenderá incumprido de producirse despido ou extinción dos contratos de calquera das persoas afectadas por ditos expedientes. Non se entenderá incumprido só nos casos de despido disciplinario declarado procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permamente total, absoluta ou gran invaliez da persoa traballadora, ni polo fin do chamamento das persoas con contrato fixo-discontinuo que se trate de interrupción non despido. No caso dos contratos temporais se o contrato se extingue por expiración do tempo ou realización da obra non se entende incumprido.

De todas formas na mesma disposición adicional do RD se nos indica que: Non resultará de aplicación o compromiso de mantemento de emprego en aquelas empresas que concurra un risco de concurso de acreedores nos términos do artigo 5.2 da Ley 22/2003, de 9 de xullo, Concursal.

As empresas que incumpran este compromiso deberán reintegrar a totalidade do importe das cotizacións de cuxo pago resultaron exoneradas, co recargo e os intereses de demora correspondente, según establecen as normas recadatorias en materia de seguridade social, coas actuacións previas ao efecto da inspección de traballo e seguridade social que acredite o incumprimiento e determine as cantidades a reintegrar.

Categorías: Coñecemento.