Por que a miña presenza dixital non xera vendas?

A base para construír a presenza dixital pasa por ter unha páxina web. E por incríbel que pareza aínda existe unha alta porcentaxe de empresas que non teñen web. E só un 5% dos negocios de menos de 10 persoas traballadoras emprega o comercio electrónico, segundo os datos do informe Dixitalización como pala de competitividade da peme elaborado pola Cámara de España.

A dixitalización é condición para a supervivencia dos negocios e abre as portas a un amplo mercado. As boas novas son que esta desconexión dixital de autónomos e pequenas empresas está a cambiar. O contexto da covid-19 provocou un impulso na incorporación das tecnoloxías e da súa inmersión na rede.

Estamos ante un novo modelo de venda, baseado na atracción dos usuarios a base de contidos de valor e da xeración de confianza.

Coma na comunicación ou na vida, o obxectivo de toda táctica é conseguir unha acción. O marketing dixital enfócase en atraer a aquel que xa te encontrou e tamén a aquel que non te coñece para conseguir vender. A metodoloxía inbound marketing enfoca a súa estratexia en combinar técnicas de marketing e publicidade non invasivas, atraendo aos usuarios e acompañándoos dende o inicio do proceso de venda ata a transacción final. Empregando para iso un enfoque baseado en xerar contidos de valor para o usuario e xerando confianza.

Está o teu negocio a desenvolver un enfoque de marketing dixital que atrae aos usuarios? Moitas empresas a pesar de ter presenza nas redes sociais ou desenvolver accións non consegue os resultados esperados.

Cales son os erros máis habituais do teu marketing dixital?

Debemos empezar por ter coñecemento sobre que é o marketing dixital, e como se sustenta para ter o control sobre a túa estratexia e as súas accións. Debes formarte para aproveitar a grande oportunidade que representa o marketing dixital, e saber, se contas con axuda externa, que está a pasar e poder decidir.

Aquí tes 10 principais razóns polas cales o marketing dixital das empresas non despega:

  1. Non deseñar un proceso de venda en liña, e non traballar nun proceso de venda predicible. É necesario traballar en definir un negocio que xeren vendas previsibles e escalables. Sabes cal é o teu?
  2. Falta de coñecemento sobre o mercado ou as necesidades dos teus compradores. É vital analizar o teu nicho de mercado e entendelo para ser capaz de conectar con el.
  3. Non ter o control das métricas que necesitas, ou nin tan sequera medir.
  4. Non centrarse no importante, non priorizar ou non ser consistente. A túa estratexia non pode estar baseada en estar en cada nova rede social, ou estar nunha rede social sen un obxectivo claro.
  5. Ter unha mensaxe que non vende! O copy ou mensaxes que facemos chegar ao noso público son clave. Non se trata do teu logo ou de ti mesmo, debes enfocarte na conversión. A túa comunicación fala dos desexos ou necesidades dos teus potenciais clientes?
  6. Ter un tráfico a túa web insuficiente. Deberás traballar en conseguir un alcance óptimo para chegar aos resultados esperados.
  7. Non aproveitar a sistematización que ofrece o marketing dixital. É preciso introducir ferramentas coma un CRM que che permitan automatizar tarefas do marketing.
  8. Non traballar o posicionamento. Se o rei é o contido, a raíña son as buscas. Debes saber cales son as palabras claves nas que posicionarte segundo o volume e a competencia, e traballar dende esta perspectiva.
  9. Non testar o teu sistema de venda, as túas mensaxes, a navegación da túa web… para validar o interese polo teu produto ou servizo de forma rápida.
  10. Non investir. Marketing dixital non é sinónimo de gratuíto. Aínda que internet democratizou o acceso das marcas á publicidade, tendo custos máis reducidos que a publicidade convencional, é preciso investir para chegar ao teu público obxectivo.

 

En conclusión, debes traballar nun marketing dixital enfocado á obtención de resultados económicos, o ROI (return on investment), tendo presencia e xestionándoa cara a xeración de ventas. Se queres traballar en mellorar o teu marketing dixital e orientalo para xerar vendas no teu negocio, cubre a solicitude para acceder ao asesoramento gratuíto en liña do ámbito negocio do programa Igape Responde! Fai clic aquí.

Categorías: Artigos.