Podo confiar nas liñas de garantía pública?

Un aval é unha garantía emitida por unha entidade, obrigándose ela mesma a cumprir ou pagar por un terceiro se este non cumprise coas súas obrigacións.

É dicir, un aval funciona como un contrato de afianzamento a través deste unha entidade bancaria confía en que un terceira vai cumprir coas súas obrigacións financeiras á hora de devolver as cotas cos interese.

A primeira institución na que pensamos cando buscamos unha unha liña pública de avais é  ICO. O Instituto de Crédito Oficial ( ICO) converteuse en eixo das garantías do Estado aos créditos concedidos polos bancos aos autónomos e as pemes afectados pola crise do coronavirus. Pódennos ofrecer liñas de investimento e de liquidez.

Pero non é a única vía para prover liquidez. Mais alá do  ICO, atopámonos coas sociedades de  garantía recíproca, AFIGAL para a Coruña e Lugo, e  SOGARPO para Ourense e Pontevedra.

Estes entes están constituídos por socios partícipes, que son as pemes, e socios protectores, normalmente institucións públicas como as comunidades autónomas.

 

 

Categorías: Coñecemento.