O coaching: máis necesario que nunca en tempos da covid-19

A irrupción da covid-19 na vida das persoas, pero tamén na das empresas, trastornou como nunca a nosa forma de vivir e, por tanto, a nosa forma de traballar. O impacto da pandemia nas sociedades desenvolvidas foi tal que tivemos que acuñar termos como “nova normalidade” para aplacar a terrible sensación de que -polo menos durante moito tempo- a nosa vida xa non volverá ser a que era. É nunha situación tan turbulenta como estacanda; e fanse máis necesarios instrumentos que nos permitan navegar sen desviarnos do rumbo que necesitamos seguir para chegar ao destino que nos fixamos.

E e aí onde o coaching empresarial pode xogar un papel decisivo para reconducir unha situación que -recoñezámolo- é nova pero non é normal.

A nivel empresarial os obxectivos non cambiaron, pero o escenario covid-19 é inédito: cesamentos de actividade, ertes, restricións de horarios, implantación masiva do teletraballo nalgúns sectores, limitacións de mobilidade…

E nesta situación económica e social tan complicada, de que lle serve á túa empresa ou negocio o coaching? Como che pode axudar un coach?

Basicamente definimos o coaching como a transmisión de métodos ou fórmulas de actuación que nos axudan a alcanzar os nosos obxectivos. É unha alianza que se establece entre o coach e o cliente para que este último obteña resultados fóra do común e máis rápido do que faría cos seus propios medios.

Un coach profesional é un profesional formado para motivar, para ensinar técnicas que axuden a alcanzar as metas propostas. Axuda a que o cliente defina que é o que quere, o que necesita, axúdalle a identificar as súas debilidades e todo aquilo que lle impide avanzar.

 

Coaching persoal e de equipo: vantaxes

No mundo do coaching, o coaching persoal ou executivo e o coaching de equipo son modalidades moi útiles e complementarias.

Nas sesións de coaching persoal as vantaxes principais para os directivos que as reciben son:

–          Potencian os seus recursos e habilidades.

–          Aprenden novos conceptos para traballarco equipo.

–          Gañan confianza.

–          Melloran os seus dotes de comunicación.

–          Son máis líderes.

 

Nas sesións de coaching  de equipo:

–          Mellora a produtividade e a eficiencia do equipo.

–          Desenvolve a autonomía, a responsabilidade e o rendemento.

 

Este último aspecto é fundamental porque se trata de lograr a máxima implicación dos traballadores na empresa. Facerlles entender -e aquí o papel da dirección é importante- que todos forman parte da solución, nunca do problema.

En definitiva, hoxe máis que nunca, a fidelización dun cliente ao que ás veces xa non podemos chegar polas canles habituais esixe  buscar novas fórmulas de traballo que garantan eficiencia nun escenario novo no que, máis que reciclarnos, deberemos reinventarnos. Afortunadamente, xa hai camiños explorados para iso e o coaching permítenos percorrer ese novo camiño cos mapas que nos brindan estas novedosas técnicas de aprendizaxe.

Sen dúbida, o coaching é unha magnífica opción, a solución incluso, en escenarios moi diversos, especialmente agora, cando a crise sanitaria o invade todo e o enche de incerteza. Tamén cando os resultados operativos na empresa non se alcanzan ou son mellorables, se hai unha nova dirección ou cambios no equipo, en proxectos de fusións, se se desexan solucionar conflitos, lograr máis motivación, incrementar o liderado ou se a empresa redefine o seu plan estratéxico.

Só hai que elixir ben a ruta e seguila até o final coa confianza de que os primeiros resultados prácticos -mellora da produtividade, incremento da proactividade ou redución de custos- veranse mesmo a metade do camiño.

 

 

 

 

 

 

 

Categorías: Artigos.