Os meus comerciais están desmotivados, non saben como vender na nova realidade, que podo facer?

Unha das ferramentas que melloran a xestión comercial é o coaching comercial o de equipos comerciais. Mediante unhas técnicas, se prepara ao traballador para ser máis observador, ler entre liñas, ver mellor a oportunidade. Ademais, o comercial desenvolve a escoita activa, base fundamental para realizar unha venta efectiva e mellorar os resultados. Outra das ventaxas é que se aumenta o compromiso e a auto-confianza do vendedor.

Tamén existen formaciós especializadas para este tipo de perfís comerciais nas que se melloran os coñecementos e habilidades esenciais para desenvolver un proceso comercial efectivo, coñecer en detalle todas as etapas de venda, desenvolver e planificar a estratexia comercial, así como potenciar canles comerciais e clientes.

Categorías: Coñecemento.