Beneficios de contar cun cadro de mandos financeiro

En momentos de dificultades de liquidez, é preciso unha xestión oportuna e con visión preditiva da situación do teu negocio.  Por iso, unha das ferramentas que recomendamos poñer en marcha é o cadro de mando financeiro.  Este permite recoller aqueles datos, convertidos en indicadores, para saber a situación da empresa atendendo aos aspectos máis relevantes, claves da actividade.

Axúdanos a non perder de vista as claves do noso negocio, facilitando a tarefa á dirección en base ao histórico e comprobar dunha ollada se hai algo que non está a funcionar segundo o previsto.   Contar cun cadro de mandos financeiro ofrece tamén os seguintes beneficios:

-Garante unha correcta xestión dos investimentos, os pagos, amortizacións, etc..

-Permite coñecer a situación concreta na que se atopa a organización, informándoche do que se cumpre ou non, os obxectivos, polo que poderás anticiparte aos problemas e facer que todos os procesos realizados cumpran a súa finalidade no tempo previsto.

-Prioriza aqueles puntos clave que son necesarios para o éxito da túa empresa, e as accións de mellora necesarias.  Permite ter a un só golpe de vista os puntos necesarios para facer realidade a túa estratexia.

-Facilita o control da evolución da compañía. Grazas aos indicadores e ao seguimento e análise que leva a cabo, pódese prever as futuras consecuencias e actuar para evitar ou minimizar riscos e corrixir desviacións.

En definitiva, o importante é que os datos financeiros necesarios para a toma de decisións estean dispoñibles en pouco tempo para que os responsables financeiros poidan asesorar de forma adecuada aos responsables de negocio e isto, obtelo cun cadro de mandos financeiro.

Para que un cadro de mandos financeiro sexa efectivo para a toma de decisións, hai uns requisitos mínimos como os que se recollen no marco conceptual de cada empresa, que hai que respectar. Ademais, a información para incluír debe ser relevante e fiable.

Tamén é importante que o cadro de mandos se adapte a uns indicadores de rendemento ou  KPIs esenciais, e específicos conforme aos cocientes que queiramos contemplar e medir (cocientes de liquidez, cocientes de xestión ou actividade, cocientes de endebedamento ou apancamento e cocientes de rendibilidade.).

Aspectos de control que poidan converterse en  kpis son moi diversos, e débense adaptar ao que queremos controlar.  Por exemplo:   Tickets medios, número de clientes, produtos consumidos estratéxicos, beneficio por proxecto, etc.

Elixe indicadores de rendemento cunha misión clara, ten en conta, que sempre será máis fácil medir oito indicadores concretos, que vinte que non din nada en claro, porque non poderemos seguir a súa actividade…Non esquezas que un cadro de mando ten dúas funcións: ser útil para a toma de decisións e permitir a súa comunicación aos xerentes ou ao equipo.

Sen dúbida un requisito indispensable é contar con actualizacións automáticas e continuas, para ter a información sempre actualizada e en tempo real, do mesmo xeito que contar con escalabilidade para adaptalo ao noso departamento financeiro.

Por último, se integramos o noso cadro de mando cun ERP ou CRM, teremos toda a información conectada nunha soa pantalla, centralizada e un sistema de datos actualizados e continuos.

Categorías: Artigos.