O programa Igape Responde, como pode axudar ao meu negocio?

Este programa ofrece unha liña gratuíta de asesoramento en rede para pemes e persoas autónomas de Galicia, permitíndolles realizar consultas sobre aspectos vencellados directamente ao seu negocio nos ámbitos de persoas, financeiro, negocio ou operacións.

Un equipo de persoas expertas está dispoñible para asesorarte e darche apoio na implantación de medidas que che axuden a reducir o impacto económico provocado pola covid-19 no teu negocio. Entón, teño unha dúbida ou consulta sobre un destes ámbitos, como podo facerlla chegar ao equipo técnico de Igape Responde? Pódese facer chegar as consultas a través de 4 liñas: polo formulario web, por email igaperesponde@igape.es, por teléfono 900 815 151 ou a través das diferentes redes sociais do Igape.

 
Categorías: Coñecemento.