Cales son as consecuencias de non cumprir o requisito de mantemento de emprego?

A primeira consecuencia será ter que devolver as axudas recibidas mediante o acollemento ao ERTE regulado polo Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da covid-19.

Isto implicará a obriga do pago da cotización á Seguridade Social exoneradas ao acollerse ao ERTE de acordo co art. 24 del RD-Lei.

Tamén podería implicar ter que aboar os salarios dos traballadores que estiveron sometidos ao ERTE. É dicir, considerar que, ao incumplir o compromiso de mantemento de emprego, o ERTE quede anulado.

Estas consecuencias serían respecto a todos os traballadores do ERTE,  dada literalidade da Disposición Adicional Sexta.

Con todo, aínda que a interpretación literal leva a esta conclusión é posible que os Tribunais poidan facer unha interpretación distinta por razóns de proporcionalidade. E por iso, aplicando este principio de proporcionalidade, entendan que a devolución será soamente pola diferenza entre o nivel de emprego que debeu manterse e o inferior que realmente se mantivo: isto é, polos traballadores despedidos.

Por outro lado, tamén existen argumentos para entender que o incumprimento do mantemento do emprego non afectaría ao ERTE senón só ás cotizacións exoneradas. En efecto, o art. 22 y 23 do RD-lei (procedemento especial do ERTE) son calificados como medidas excepcionais, mentres que o art. 24 (onde se regula a exoneración da Cotización) califícase como medida extraordinaria. Pois ben, a DA 6 esixe o mantemento do emprego como condición para acceder ás medidas “extraordinarias”, sen facer referencia a condición algunha para as medidas “excepcionais”.

 

 

Categorías: Coñecemento.