É unha nova modalidade de financiación para empresas basada en préstamos directos de particulares.
Ofrece unha serie de vantaxas fronte á banca: a rapidez na tramitación, maior transparencia no custo da financiación, non hai gastos de cancelación anticipada do préstamo, o tipo de interese o marcan a oferta e a demanda dos importes invertidos…
Supón tamén a posibilidade de que as empresas diversifiquen as súas fontes de financiación para reducir o risco de depender únicamente das entidades bancarias.
En España o crowdlending creceu un 360% en dous anos e cada vez son máis as empresas que optan por este tipo de financiación. De feito, recentemente entrou en vigor no noso país a Lei 5/2015 Lei de Fomento da Financiación Empresarial que regula as plataformas de financiación participativa, que quedarán baixo a supervsión do Banco de España e da CNMV. Isto é fundamental para que as pemes vexan que existen formas diferentes e complementarias á financiación bancaria.