0 1 de xuño entrou en vigor a nova factura da luz que divide o consumo en tres tramos, coincidindo os tramos máis caros nas horas de maior consumo e os máis baratos de madrugada. Este cambio afecta negativamente a millóns de consumidores entre os que se atopan familias e empresas.
No caso das familias, pódese amortiguar este “mazazo” cambiando una serie de hábitos de consumo máis alá da controversia de poñer a lavadora ás 12 da noite. Con todo, as empresas teñen máis difícil adaptarse, dado que as súas actividades teñen uns horarios difíciles de modificar. Por exemplo, un bar non pode permitirse o feito de cambiar o horario de uso do lavavaixelas ou o forno.
Por iso, neste sentido é interesante que as empresas revisen a potencia que teñen contratada e a factura da luz para que, se é posible, traten de reducila e tamén sería interesante apostar por aparatos eléctricos que sexan máis eficientes e de baixo consumo.
Un tema do que se está falando moito últimamente derivado destes cambios, é o de implementar a Intelixencia Artificial (IA) para o aforro e a eficiencia enerxética.
Nun mundo no que a dixitalización é protagonista, é interesante explotala en todos os ámbitos para poder obter os seus beneficios.
Neste sentido, como a intelixencia artificial pode mellorar a eficiencia enerxética e o aforro nas empresas?
En primeiro lugar, cabe nomear o Proxecto FUDIPO. Trátase dun proxecto financiado pola Comisión Europea no marco do Programa H2020 que ten por obxectivo o desenvolvemento de ferramentas para a optimización de fábricas e a demostración en cinco industrias reais da UE, entre as que se atopan Centrais térmicas e eléctricas, Plamntas biolóxicas de tratamentos residuais, Pulpa e Papel, e planta de refino de petróleo.
Os expertos falan de tres formas de aforrar enerxía coa Intelixencia Artificial:
- O uso de termostatos intelixentes, neste sentido, pódese controlar a temperatura mediante un dispositivo móvil. A través dunha conexión a internet, o usuario pode conectar o termostato coa caldeira. Desta forma pódese apagar ou encender en función da demanda enerxética que haxa en cada momento.
- Os asistentes por voz e Chatboots, que permiten consultar a factura da luz ou efectuar outras consultas mediante un dispositivo móbil e sen necesidade de desprazarse, ó mesmo tempo que reciben información en tempo real.
- Aplicacións das eléctricas, a día de hoxe prácticamente todo o mundo ten no seu teléfono móbil unha aplicación da súa compañía eléctrica posto que moitas compañías decidiron eliminar a factura en papel. Con este sistema pódese coñecer o consumo máis detallado e en tempo real, así como recomendacións da tarifa que máis se adapte ó consumo do usuario.
En definitiva, o aforro enerxético a través da IA é posible pero as empresas deben ter en consideración o consumo de cada aparato eléctrico, existen tres alternativas para as que coñecer ese consumo pode axudar a abaratar a factura da luz:
- Aplicacións de avaliación de consumo como Luz+Precio ou Boltio que permiten programar avisos para o uso dos dispositivos.
- Instalar medidores de consumo no cadro eléctrico para monitorizar o consumo.
- Apostar pola domótica, como se citou anteriormente os termostatos intelixentes ou incluso os enchufes intelixentes.
En conclusión, para que todo isto se poida aplicar é necesario que o empresario teña a mente aberta e se deixe asesorar polos expertos en materia. Esta colaboración permitirá en gran medida o aforro e a eficiencia enerxética.