Como se fai para dicirlle a un xefe que debería ser un líder?

Nós non podemos cambiar o mundo; o único que podemos cambiar é a nós mesmos.  Todo se pode arreglar cunha boa conversación, cunha boa comunicación.

Nese momento podemos propoñerlle ao noso xefe / líder falalo. Todo se basa nunha conversación; e nós na nosa empresa debemos sentirnos libres para falalo con esa persoa. Evidentemente, non se lle pode dicir que abusa do poder, hai que empregar a comunicación non violenta, é unha conversa dura, pero se se fai seguindo os pasos axeitados pódese  conseguir un cambio. Iso si, sempre e cando a outra persoa realmente queira escoitarnos.

Se queres saber máis sobre líderes, podes ver o webinario no que falamos de liderado.

Tamén podes solicitar o asesoramento, sen custe, do Igape Responde neste ámbito de persoas. 

Categorías: Coñecemento.