Como actúo ante un caso de covid-19 na empresa?

Cando a empresa se atope cun traballador cunha PCR positiva, é preciso realizar unha investigación dos “contactos estreitos” no ámbito laboral, (esta investigación se realiza a través do seu servizo de prevención de riescos laborais). Se recollerá información sobre os lugares e as persoas coas que traballou, os espacios e os tempos, co fin de identificar “contactos estreitos”.

Se clasifica como contacto estreito:

– A persoa que proporcionara coidados a un caso: persoal sanitario o sociosanitario que NON empregara as medidas de protección axeitadas, membros familiares ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico similar.

– De forma xeral, a nivel comunitario, considerarase contacto estreito á persoa que estivera no mesmo lugar que un caso, a unha distancia menor de 2 metros e durante máis de 15 minutos. En contornas nas que se poida facer unha valoración do seguimento das medidas de prevención poderá realizarse unha valoración individualizada polo servizo de prevención de riscos laborais ou polo responsable que sexa designado para ese fin.

(…)

O periodo a considerar será dende 2 días antes do inicio de síntomas do caso ata o momento no que o caso é aillado. Nos casos asintomáticos confirmados pola proba diagnóstica, os contactos buscaránse dende 2 días antes da data de toma de mostra para diagnóstico.

Unha vez identificados os “contactos estreitos”, estes traballadores deberán ser postos en corentena domiciliaria, 10 días, para elo o seu servicio de prevención deberá emitir o correspondente informe para que estes traballadores o presenten ante seu médico de Atención Primaria, quen tramitará a correspondente baixa por IT, esta baixa por IT a efectos únicamente de prestacións ten a consideración de accidente de traballo.

Se recomenda a realización da PCR, aos “contactos estreitos” co obxetivo de detectar precozmente novos casos positivos (será saúde pública a encargada de realizar esta proba)

Salvo que saúde pública, determine outra cousa, o resto dos traballadores que non foron declarados como “contactos estreitos” poderán continuar coa actividade habitual.

Categorías: Coñecemento.