A fin do estado de alarma o 9 de maio, que consecuencias pode provocar?

A finalización da situación de emerxencia provocará, entre outras consecuencias, a caída de cinco medidas concretas:

  1. Respecto aos ERTEs: o último acordo entre o Goberno, a patronal e os sindicatos para a prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego se estableceu dende o 1 de febreiro ao 31 de maio, último día do mes do fin do estado de alarma. Á espera dun posible novo acordo, a data de hoxe, o 31 de maio sería a data para o fin das prórrogas dos ERTEs.
  2. Toque de queda: desaparece a suspensión da libertad de circulación das personas en horario nocturno.
  3. Peche perimetral: desaparece a limitación das entradas e saídas das comunidades autónomas.
  4. Reunións: desaparece a prohibición de reunións de máis de seis persoas, tanto en espazos públicos como privados.
  5. Aforos lugares de culto: sen límite.
Categorías: Coñecemento.