Que formación se necesita para elaborar un Plan Estratéxico de empresa?

Non se necesita unha formación concreta. A mellor formación que pode ter un empresario é se emprega a palabra colaboración. É determinante ter visión, empuxe, asumir riscos…

En Galicia temos o exemplo de Amancio Ortega, que se foi formando ao longo do tempo, pero non comezou sendo un universitario;  comezou sendo empresario.

É importante saber rodearse de xente que domine aqueles aspectos que descoñecemos. Amancio Ortega soubo rodearse de xente moi boa e así logrou o que todos xa coñecemos.

Para ampliar información ao respecto, podes ver o webinario A cabeza é a que dirixe: o fundamental da xestión.

Categorías: Coñecemento.