Definir e xestionar metas do meu negocio: método OKR

Os chamados OKR xorden en 1971, cando Andy Grove (CEO de Intel daquela) implantou a arte da definición formal de metas en Intel.

Proceden das siglas en inglés «Obxectivos e Resultados Chave» (Objectives and Key Results). É unha metodoloxía de traballo que serve para aliñar as accións e os esforzos de todo un equipo cara a obxectivos comúns, co fin de conseguir resultados clave.

Os OKR axudan a iluminar o camiño, miden resultados e apoian a produción de maneira sistemática. O segredo está en identificar e xestionar de maneira efectiva aqueles poucos indicadores chave para a monitorización do negocio.

Os OKRs son un método de traballo. Están formados por un obxectivo -unha meta claramente definida- e un ou máis resultados clave -medidas específicas e concretas usadas para monitorizar a consecución da meta-.

A finalidade dun OKR é definir como conseguir os obxectivos a partir de accións concretas, específicas e medibles. Son claves e enfócanse no que importa, miran o mercado e buscan métricas accionables que impulsan elementos estratéxicos da organización:

  • OKR é un marco (método).
  • OKRs enlazan resultados a acciones.
  • OKRs son os que se DEBEN facer.
  • KPIs buscan maximizar a eficiencia. Facelo ben.
  • OKRs maximizan efectividade. Facer o correcto.
  • OKRs non re emprazan o uso de KPIs.

Un OKR está composto por un Obxectivo, o cal indica “que queremos lograr” e de forma cualitativa, e crease tamén un conxunto de resultados chave, que serán sempre cuantitativos.

Deste xeito, establécese a seguinte estrutura: Quero + Obxectivo + medido polo conxunto dos + Resultados Chave

Ou tamén: Imos a + Obxectivo + e saberemos que tivemos éxito se obtemos + Resultados Chave.

Esta estrutura permite manter o foco no obxectivo e analizar con claridade os resultados, xa que con frecuencia mídense, avalíanse e redefínense, se é necesario.

En conclusión, o obxectivo dos OKRs é traducir a visión e a estratexia da empresa nun conxunto de obxectivos e construír unha referencia para medir o progreso cara ao seu logro. O uso de OKRs como método de establecemento de obxectivos apoia a creación dunha organización áxil e eficaz.

Algúns consellos para escribir uns bos OKRs:

  • Debe ter unha comprensión moi clara da misión da empresa, porque o primeiro paso debería ser establecer un obxectivo xeneral global, que debe responder á pregunta ¿onde quero chegar este ano?
  • Detalle entre 3 e 4 obxectivos trimestrais que sexan pasos crave para cumprir co obxectivo xeral. Con eles trátase de inspirar e non establecer métricas.
  • Indique por cada obxectivo trimestral un resultado chave, aquí inclúense as métricas e o tempo no cal se debe obter devandito resultado.
  • Estableza accións chave por cada resultado, é dicir, en base aos resultados debe preguntarse ¿que teño que facer para obter isto?, esas respostas serán as actividades puntuais que deberá desenvolver.

O teu negocio, busca asesoramento gratuíto neste aspecto? Podes solicitalo a través do noso formulario. 

Categorías: Artigos.