Plataformas de teleformación ou Learning Management System LMS (II)

Como comentamos no primeiro artigo, para comezar a utilizar unha plataforma de formación ou sistema de xestión de aprendizaxe (learning management system ou LMS) temos ferramentas ou opcións gratuítas (libres ou de código aberto) e outras de pago.

Neste caso imos centrarnos nas opcións de pago. Recomendámosche que antes de ler este artigo leas primeiro o contido de plataformas de teleformación, que a información resultará máis enriquecedora.

Algunhas das principais plataformas de pago son:

TALENTLMS

É unha plataforma de ensinanza e aprendizaxe en liña, con moitas funcionalidades e flexible, accesible dende calquera dispositivo. Posúe cinco plans de pago, adaptados ás necesidades de cada tipo de cliente. Teñen uns plan de prezos que van dende a versión Free, pasando polos 59$/mes ata os 249$/mes, na súa versión máis completa.

Nivel de instalación: fácil, é plataforma cloud, sen necesidade de instalación.

TUTELLUS

Plataforma de aprendizaxe colaborativo na que poderás subir o teu curso en liña cunha comisión do 30%. Fan moitas campañas e descontos en xeral, polo que poder ser de interese para comezar. Aínda que é unha empresa española, a firma operar na actualidade en máis de 160 países.

Nivel de instalación: fácil, é plataforma cloud, sen necesidade de instalación.

CLASS-ONLINE

Plataforma de e-learning na nube, accesible dende calquera lado e dispositivo, sen necesidade de instalacións nin coñecementos técnicos. Moi sinxela de utilizar e enteiramente dedicada a profesores. Actualmente conta con tres plans dispoñibles con distintas funcionalidades, ten a modalidade de proba gratuíta durante 15 días. Conta con 3 plans de prezos: 12€/mes, 40€/mes e 99€/mes.

Nivel de instalación: fácil, é plataforma cloud sen necesidade de instalación.

EVOLCAMPUS

É unha plataforma de código propietario aloxada na nube cun sistema de pago por uso moi económico e flexible (pagas unicamente polo alumnado que use a tu plataforma para a súa formación on-line). Desenvolvida pola empresa Evolmind orienta o seu valor no uso sinxelo, polo que é moi axeitada para a xestión de múltiples proxectos sen complicación na configuración de moitas plataformas. Os plans de prezos comezan en 75€/mes para un máximo de 50 alumnos/as activos/as.

Nivel de instalación: fácil, é plataforma cloud sen necesidade de instalación.

NEO LMS

NEO é un sistema que permite crear e xestionar todo tipo de actividades de aprendizaxe de forma sinxela, tanto se estas creando clases online, como avaliando alumnos, fomentando colaboración ou seguindo o progreso dos mesmos. O plan de prezos comeza cunha versión gratuíta ata unha versión Premium adaptada ás demandas e necesidades que teñamos.

Nivel de instalación: fácil, é plataforma cloud sen necesidade de instalación.

OUTRAS PLATAFORMAS DE PAGO

Tal e como se indicou ao comezo do artigo existen moitas plataformas no mercado, outras que poderían ser de interese son:

• Educativa https://www.educativa.com/campus/
• LMS alumne http://alumnelms.com
• E -proyecta https://www.e-proyecta.es/crear-plataforma-formacion-online
• Teachlr https://teachlr.com
• DokeOS https://www.dokeos.com
• Efront https://www.efrontlearning.com

Por último comentar, un factor a ter en conta é que, aínda que optemos pola utilización de plataformas gratuítas, o seu uso e distribución son libres, a posteriori poden presentarse custes para o mantemento da plataforma, que sexa necesario contratar persoal cualificado para a súa xestión, etc.

En xeral, as principais funcionalidades coas que debería contar a plataforma seleccionada por nós sería:

• Que permita a creación, edición e actualización de contido.
• Que permita dunha forma sinxela a inscrición a cursos e eventos académicos.
• Que conte con ferramentas de comunicación interna para administradores e alumnado.
• Que conte cun sistema de avaliación e seguimento.
• Que permita realizar informes de rendemento.

Como resumo final, poderíamos dicir que algúns dos principais criterios para a selección dunha plataforma de teleformación teríamos:

• Que se adapte ás nosas dimensións organizativas (ao tamaño da nosa entidade ou número de alumnado e cursos), pedagóxicas (que se adapte ao noso proceso metodolóxico), tecnolóxicas (recursos e coñecementos tecnolóxicos) e económicas (que teña un custo razoable).
• Que sexa multifuncional.
• Que sexa de fácil de uso para o/a administrador/a e alumnado (curva de aprendizaxe rápida).
• Que sexa atractiva para a persoa usuaria.
• Que conte con certo nivel de popularidade.

Se necesitas asesoramento, sen custe, neste asunto podes solicitalo a través do Igape Responde. 

Categorías: Artigos e Xeral.