Plataformas de teleformación ou Learning Management System / LMS (I)

Para comezar a utilizar unha plataforma de formación ou Sistema de Xestión de Aprendizaxe (Learning Management System ou LMS en inglés) é preciso ter clara a metodoloxía de traballo, pois isto definirá certas características, tales como funcionalidades, pasarela de pago, ou infraestrutura, entre outras. Ter claros estes aspectos vainos axudar a decidir cal é a mellor opción para o noso formato.

Consideracións para crear un curso en liña 

O primeiro, antes de nada, é decidir a temática do curso que se quere impartir e promover. É un paso importante que non se debe tomar a lixeira, xa que definirá o enfoque de todo o contido así como o formato que terá o curso despois, sen obviar que é o primeiro que ve o alumnado. Recoméndase definir cursos específicos, e non de temática xeral, curtos e atractivos para o alumnado. Con títulos do estilo: “Como se crea un curso en liña” en vez de “Todo o que necesitas saber sobre os cursos en liña”.

O seguinte paso é definir e estudar o público obxectivo que terá o curso. Que lle gusta? Que canles utiliza na rede? Idade, idioma…? Toda a información que consiga axudarache a crear cursos máis interesantes e personalizados. Así como establecer as metas que se queren alcanzar, de tal forma que o curso vaia orientado dende un principio a obter os resultados esperado polo alumnado do mesmo. Algo que che pode axudar a ver a potencial acollida do teu curso é crear unha canle de Youtube e subir algúns vídeos breves falando do tema, de maneira que poidas ver se recibe visitas e comentarios.

Unha vez claro o contido e o noso público obxectivo, o seguinte paso é traballar no contido do curso que imos montar. A diversidade no contido presenta moito valor para o alumnado, este prefire experiencias interactivas co profesor, xa que aumenta a súa percepción de atención e disposición. Pódense combinar accións en directo, con vídeos e documentacións de soporte, ¡aproveitemos todas as vantaxes que aporta o formato online!

Para que todo sexa máis enriquecido, coida os detalles do contido xerado; a iluminación e o son no caso dos vídeos ou nas presentacións en directo son moi importantes, sen esquecerse de eliminar calquera elemento que poida xerar distraccións entre as persoas asistentes; elabora un guión para non expandirte no que tes que dicir, ou no caso dos cursos con documentación, evita contidos extensos, opta por esquemas e contidos a modo resumen.

Vai liberando o contido de maneira progresiva e vai recollendo o feedback do alumnado; utiliza estratexias educativas que manteñan ao alumnado enfocado e comprometidos coa túa docencia.

Por último, potencia o curso creado con medidas de publicidade. É interesante traballar o marketing das túas formacións, utiliza as redes sociais, o teu blog, campañas de mailing, ou publicidade tradicional… para darlle visibilidade e captar máis alumnado. Mantén actualizados os teus perfís en redes sociais con toda a información dos teus cursos, interactúa de maneira que o teu alumnado sexa a ventá do éxito dos teus cursos.

Existen moitas plataformas no mercado que permiten colgar e xestionar os teus cursos, en función das necesidades que presentes poden ser axeitadas diferentes delas. A continuación amosámosche algunhas onde destacamos a súas principais características. Diferenciamos dous tipos de plataformas:

  • Gratuítas: neste grupo están as plataformas que non supoñen un custe por licenza para o usuario, poden ser Open Source ou non.
  • De pago: plataformas propietarias que requiren dun pago por usuario ou funcionalidades implementadas (que irán no seguinte artigo).

PLATAFORMAS GRATUITAS

Moodle

É unha das plataformas máis utilizadas e estendidas na comunidade educativa. Grazas a ser unha plataforma open source permite moita versatilidade e adaptación ás necesidades particulares de cada un. Conta con múltiples módulos e unha ampla comunidade que che permitirán desenvolver as funcionalidades desexadas con moita facilidade. Nivel de instalación: medio, existe moita documentación e vídeos en internet de apoio.

Edmodo

Plataforma de fácil uso e sinxela interactuación, utilizada por universidades e moitos centros educativos. É accesible dende calquera dispositivo a través da súa App (iOS & Android). Nivel de instalación: fácil, non se require de ningunha instalación so rexistro na plataforma.

WordPress

A plataforma wordpress únese á comunidade LMS con solucións de boa calidade e de sinxela implementación a través da utilización de plugins e/ou temas. Grazas a estes elementos adaptase para ser utilizado como unha plataforma de formación con boas prestacións. Algunhas das solucións de wordpress que permiten desenvolver este tipo de plataforma son as seguintes:

Nivel de instalación: medio, existe moita documentación e vídeos en internet de apoio.

Claroline

Claroline é unha plataforma de aprendizaxe e traballo virtual de código aberto e software libre. Permite ao profesorado construír eficaces cursos online e xestionar as actividades de aprendizaxe e colaboración na web.Nivel de instalación: Difícil, necesario coñecementos técnicos. Aínda que existen vídeos e información online para axudar a facelo.

Google Clasroom

É unha solución enfocada á aprendizaxe semipresencial. Forma parte da suite de Google Apps na que se integran servizos como Google Docs, Gmail o Google Calendar, e ofrece unha serie de ferramentas para simplificar e repartir tarefas ao alumnado, así como avaliar contidos.

Os profesores crean aulas con alumnos (todos con costas de Google) nas que se asignan tarefas con textos, voz, fotos e vídeos. Ten ferramentas de chat e mensaxería integradas para a comunicación directa. É totalmente gratuíta, soportada como Gmail, e en español. Nivel de instalación: Non require de coñecementos de instalación, xa que é un entorno web.

Se necesitas axuda, solicita o asesoramento a través do ENLACE. 

Categorías: Artigos.