- Realizar unha análise identificando o contexto da nosa empresa e as nosas necesidades, como por exemplo o presuposto, os procesos e profesionais implicados, e o mercado da empresa.
- Definir o noso obxectivo, como pode ser aumentar a rendibilidade, mellorar a imaxe ou aumentar a fidelidade dos clientes, e marcar un prazo e indicadores ou KPIs (Key Performance Indicator) nos que basearemos o seguimento que realizaremos para coñecer o alcance dos nosos obxectivos.
- Establecer equipos de traballo e responsables involucrados, tamén para marcar os niveis de acceso á información de CRM no día a día. Para o éxito da súa implantación tamén será clave que o persoal conte cunha formación inicial no programa, e motivaraos empregados para que o usen amosando as vantaxes nas súas tarefas diarias.
- Elixir a nosa ferramenta CRM en base a análise e obxectivos planificados.
Se necesitas axuda, sen custe, podes solicitar o teu asesoramento a través do Igape Responde.