Que aspectos debo ter en conta á hora de afrontar unha negociación co meu banco?

Débese afrontar unha negociación bancaria moito antes de que xurdan as necesidades.

Non recomendamos acudir ao banco para pedir financiamento sen ter claro que é o que se necesita en realidade, e se é un desfasamento de  tesourería puntual ou estrutural.  Obviamente as fontes das causas poden ser as mesmas, por exemplo, as caídas de vendas, pero non así os produtos bancarios que solucionen ou axuden á empresa.

Este proceso de planificación financeira e análise das proxeccións de  tesourería, así como o proceso de negociación bancaria, pode ser atendido desde IGAPE RESPONDE desde o ámbito financeiro, sen custo algún para a empresa ou autónomo. Só tes que SOLICITAR a través do formulario. 

Categorías: Coñecemento.