Comprar por internet converteuse na actualidade nun hábito para os consumidores. Toda empresa, sexa cal sexa o seu tamaño, ten que adaptarse se quere sobrevivir.
Neste sentido, algunhas empresas contan e a moitas lles gustaría contar, cun espazo en liña no que ofrecer os seus produtos ou servizos, existindo para iso dúas vías: unha, creando un ecommerce, o dous, pertencendo a un marketplace. Ambas opcións teñen pros e contras.
Quizás as maiores vantaxes de optar por un Marketplace son a posibilidade de non ter que realizar unha elevada inversión inicial e a adquisición de experiencia no mercado online. Unha vez teñamos un determinado número de vendas podemos investir no noso ecommerce para ter o control absoluto da plataforma e a nosos ventas.
Se necesitas asesoramento, sen custe, neste ámbito, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde.