A traducción de “target” é obxectivo. É o destinatario, usuario ou consumidor, ao que pretendemos facer chegar os nosos servizos ou produtos, e nos que centraremos as campañas de publicidade e marketing.
Os principais puntos que marcan a definición do noso target son o sexo, o rango de idade, o ámbito cultural e o país ao que diriximos os nosos produtos ou servizos, e inclusive a profesión, e as afeccións.
Unha boa análise do target traducirase en aforrar tempo e inversión xa que as campañas serán mais concretas e efectivas, e terán máis impacto nas nosas vendas.
Se buscas asesoramento, sen custe, para chegar mellor ao teu consumidor, solicita a través do formulario do Igape Responde.