Igape Responde estrea a súa canle de PODCAST

O programa de asesoramento gratuito Igape Responde conta cunha nova canle de comunicación. A partir de agora é posible escoitar os contidos dos webinarios a través do PODCAST.

Este novo espazo recollerá, a xeito de resumo, os aspectos máis destacados dos eventos virtuais, que se celebran para mellorar a formación do tecido empresarial galego.

Os audios do Igape Responde xa están dispoñibles a través de Spotify, Ivoox, Google Podcast, Spreaker, Breaker, Anchor FM, Pocket Casts e Radio Public.

Accede AQUÍ ao PODCAST do Igape Responde.

Categorías: Novas.