O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, desde o 24 de febreiro.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo II (Outras actividades pechadas), na sede electrónica da Xunta de Galicia. Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, unicamente serán válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido. Na solicitude vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante que é obrigado cubrir, onde se manifeste, entre outras cuestións:
Que ten o domicilio fiscal en Galicia.
Que os establecementos están nalgún concello afectado pola normativa de peche.
A Xunta de Galicia pon a disposición o teléfono 900 81 56 00 e a web www.oficinadoautonomo.gal para quen desexe obter máis información.