Que é unha análise DAFO?

Saber que é unha análise DAFO e como facer este matriz é moi importante para calquera persoa que comeza unha nova actividade profesional, que está emprendendo ou para unha empresa que vai lanzar un novo produto ou servizo.

A análise DAFO serve para coñecer nun período determinado do tempo, a situación interna real dun negocio e as circunstancias externas nas que o mesmo opera.

Por facer un símil, poderíase comparar cunha fotografía ou imaxe fixa no tempo da situación interna (debilidades e fortalezas) e da contorna (ameazas e oportunidades) dunha empresa, que serve xeralmente para estudar as circunstancias que a rodean e acompañan. E deste xeito, tras analizar esa situación, poder extraer conclusións e tomar decisións estratéxicas adecuadas no medio e longo prazo.

Se necesitas asesoramento neste aspecto, podes solicitalo a través do formulario do Igape Responde. 

Categorías: Coñecemento.